O sabor da choiva.. http://osabordachoiva.blogaliza.org Simplemente outro sitio blogaliza.org máis Sun, 17 Jun 2012 13:33:28 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 encontra o significado do voso nome http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/06/17/encontra-o-significado-do-voso-nome/ Sun, 17 Jun 2012 13:27:42 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=66 O que prometemos cumplimelo, e como dixemos que buscaríamos o significado dos vosos nomes
fixemolo e aqui tedes os resultados.
Aarona: Nome de oríxen bíblico, a iluminada
Agueda: Nome de oríxen grego, a virtuosa
Aida: Nome de oríxen latino, a que ven de familia distinguida
Alexandra: Nome de oríxen grego, a que é protectora
Aline: Nome de oríxen celta, que provén dun lugar lexano
Ana: a que está chea de gracia
Anaiis: Nome de oríxen hebreo, pura, casta
Antonio: Nome de oríxen grego, que destaca entre todos
Thais: Nome de oríxen grego, a que se admira
Noelia: Nome de oríxen haviano, a que se consola
Lucía: Nome de oríxen latino, con luz, iluminada
Oscar: Nome de oríxen inglés, forza divina
Xulia: Nome de oríxen latino, chea de enerxia
Mireya: Nome de oríxen frances, sabia
Natalia: Oríxen latin, dia do nascemento
Se se nos olvidou algun nome ou quere saber o do seu que nos deixe un comentario
e buscaremolo

]]>
Algúns refráns galegos http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/06/14/alguns-refrans-galegos/ Thu, 14 Jun 2012 09:10:58 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=62 De mala mai nunca esperes bos homes
nin boas mulleres.
De marco a marco non hai arco.
De mañán a mañán perde o carneiriño a
lan.
540
D. V.
De Meira, nin xente nin vento.
Lugo.
Do val á montaña *sólo sube a araña.
Domingo, tuna máis tuna; o *lunes,
cuña máis cuña.
620
Refrán de canteros: el domingo
holganes, el lunes cuña, o sea hacer
que se hace.
Don Seguro morreu vello.
*Donde hai galo non canta a galiña.
621

Dos enganos viven os *escribanos.
Non vou á misa porque estou coxo,
pero á taberna, pouquiño a pouco.
Nos Santos, neve nos altos, no san
Andrés, neve nos pés.
1073
Noventa e nove non son un cento. (2)
Novos herdeiros, fouce polos silveiros.

]]>
Entrevista a Fernando M. Cimadevila. http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/03/18/bueno-aqui-vos-deixamos-a-entrevista-a-fernando-m-cimadevila/ Sun, 18 Mar 2012 01:38:03 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=48 Como pon no título esta é a entrevista que lle fixemos a este escritor galego, do cal coñecemos o seu libro “O mundo secreto de Basilius Hofman” o cal vos recomendamos leer, porque ten un argumento moi bo e é destes libros que comezas a ler e non das parado porque están sempre interesantes, jaja aquí vola deixamos.. ten información inédita escrita por el. Esperamos que vos guste 🙂

-Como decidiches escribir un libro así de supeto, ademáis contando que che saleu moi ben?
Moitas grazas polo de “che saleu moi ben”, alédome que así volo parecese. Supoño que todo escritor trata de que o seu libro guste, e neste caso parece que tiven sorte. Decidín escribir o libro pois era una espiña que levaba moito tempo cravada, dende rapaz lin moita fantasía, de feito fai uns anos montei unha librería de banda deseñada e literatura fantástica, así que durante ese tempo puiden ler moito máis, e todo iso encheume tanto que xa me saía polas orellas… jeje… así que o final saíu fora e manifestouse no mundo real como Basilius. Supoño que o libro é un cúmulo de todo o que me gustou desas historias que lin, e que decidín escribir o que a min me houbera gustado ler de rapaz.
-Os gatos e Exipto son unhas das cousas que máis me gustan! que che levou a elixir esta temática?
Pois que son un gran fan dos gatos!! Jajaja… cando comecei o libro decidín meter nel o meu gato Jim-Jim (que é superlisto, tiraslle algo como un can e cho trae. E cando se aburre busca algo para que llo tires), agora mesmo teño outros dous. Un gato chamado Micifuz, grande e moi gordo, e unha gatiña pequena e negra que se chama Lua. O de Exipto ven por relación os gatos e porque me pareceu un dos mellores escenarios para as aventuras dun arqueólogo.
-Reflexaches algun aspecto da tua vida real no libro?
Pois algún si, o gato Jim-Jim como vos comentaba, a miña moza Rita inspirou o personaxe de Rivka, e que cando era pequeno pasaba o día na casa dos meus avós, que era unha casa moi grande e cun faiado cheo de cousas vellas e misteriosas.
-Canto tempo che levou escribir un libro que engancha tanto ao lector?
Pois mirade, escribilo uns oito meses. Incluido reescribir, que realmente é o que se adica o 80% do tempo: ler, reler, voltar a ler, escribir e pulir as partes aburridas, ou eliminalas, ata conseguir que cada páxina sexa interesante por si mesma. Logo tardamos uns tres meses nas ilustracións e o deseño da portada. Fixemos moito material para toda a serie. Tamén adiquei moito tempo a pensar a historia, pois tiña que encaixar todo moi ben para poder facer a serie completa.
-Xa estamos enteradas de que vai haber unha segunda parte, que ten como protagonista a Juliet, cando sairá?
Iso é bastante complexo. Imos ver, a serie de Basilius serán 5 tomos, o segundo é certo que Juliet terá maior protagonismo pero non tanto como pensades. Logo temos pensado facer polo menos dous libros máis, un de relatos da xuventude de Basilius e outro de relatos de personaxes do mundo. E logo, temos un proxecto moi complicado de facer, uns albumes de Banda deseña contando a historia de Juliet e o Argestes, xa vos anticipo que é tanto ou máis asombrosa se cabe que a do propio Basilius. De feito o personaxe de Juliet e a súa historia naceron antes que a do Mundo Secreto.

]]>
As sorpresas que nos trae o galego :) http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/03/07/as-sorpresas-que-nos-trae-o-galego/ Wed, 07 Mar 2012 09:39:14 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=41 Cando decimos que o galego é unha língua máis e nos pode ser moi útil, algunha xente (a que non o fala claro está) pensa: prr.. iso non sirve de nada, pero iso non é verdade. O outro día Chamoume a atención a anécdota dun galego que contaba que coñecera un un home nativo da India pero que na escola estudara portugués e empezaran a falar e se entendían moi ben e a xente do seu arredor estaba moi soprendida! Imaxínate ir a India falando galego, é posibel e todo ^^
Pois esta entrada quedou un pouco cortiña, pero solo queríamos contar isto que nos pareceu moi interesante!:)

]]>
Entrevista a SÉS!!! http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/02/08/entrevista-a-ses/ Wed, 08 Feb 2012 19:34:30 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=38 – A que anos comezaches a cantar? Acordaste de cal foi a primeira canción que cantaches?
Miña nai di que comecei a cantar e a falar a un tempo. A canción que cantaba sempre cando tiña dous anos era esa canción infantil en español que di:” Al subir por la escalera/ una pulga me picó…”. Aínda hai un casette por aí onde se me oe cantala.

– A que anos comezaches a compoñer? Cal foia primeira canción que compuxeches?

Pois sobre os 18 anos, a primeira canción que compuxen foi “Dúas lúas”, cando naciu miña irmá Uxía. Cántoa moito nos acústicos. Ela tería 2 anos e eu 18, por aquel entón.

– Cando empezaches a tocar a guitarra? E a incorporala aos teus concertos?

Ui…hai moi pouquiño, uns catro anos…Pero xa tiven o valor e a pouca vergoña de subirme a tocar aos escenarios de alí a pouco. Aínda non a toco hoxe, pero estamos intentando mellorar nese ámbito. A ver se algún día o consigo!!

– Porque utilizar o apodo de Sés en vez de María Xosé?

Sés é como me chaman na casa, son eu, mais tamén é un nome co que se pode identificar un conxunto. Pódelo tomar como o que é, un alcume, ou, se non o sabes, identificalo co nome da formación sen máis. Por iso se decantaron por aí as cousas, principalmente foi unha escolla de Touriñán.

– Recibíches moito apoio da túa familia cando decidiches comenzar como artista?

Si si. Elas saben que é a miña paixón, o que máis me gusta facer, pero sigo combinando a música coa miña faceta máis “académica”. Elas están moi orgullosas e nunca tiveron prexuízos co mundo “da farándula”. Confían en min, no meu criterio e na miña sensatez, non tiven ningún tipo de problema a ese respecto, máis ben todo o contrario. Teño a toda a familia (e somos moitos) peghada á pantalla cando saio na tele.

– Das cancións que compuxeches, cal é a tua favorita?

Ui…iso é como preguntarlle a unha nai cal é a favorita das fillas. A ver…vouche dicer máis de unha: Non son fada, Co xenio destrozado, Milonga d´aquí e Se te vas. Pero mira…até me dá pena escoller!!!

– Que che parece que admirando a condición apareza no galeoke?

É toda unha honra. Cando mo propuxo Aitana foi “Qué? Como? Claaaro que si!!!! si, si, si”. É unha honra estar ao lado de todos os artistas e formacións que aparecen. Dalgúns, como Marful ou Vaamonde, Lamas e Romero, son moi moi fan.

– Cales son as tuas motivacións a hora de seguir ca túa carreira musical?

Principalmente dúas: unha, que me apaixona e me dá vida; a segunda é ver algunha xente nova ou incluso nenos españolfalantes cantar os meus temas nos concertos e ver que se sinten orgullosos da súa lingua.

– Cal cres que a situación da musica na actualidade?

A situación da música actualmente á análoga ao do resto das artes. O planeta sufre un proceso avanzadísimo de devaluación cultural. O sistema neoliberal non valora nada máis que o que produza capital, o que encha os petos. Non se valora a riqueza emocional, o que alimenta a alma ou os sentidos, só o que aumenta o número de cifras na conta corrente. Pero, mal que lle pese a quen sexa, a música é unha manifestación cultural social que naciu dunha necesidade humana, da necesidade do ócio e a vida lúdica en comunidade E, na medida en que é algo antropolóxicamente necesario/primario, sobrevivirá dalgún xeito, e os músicos tamén.
Sempre vai haber música, as dificuldades que teñamos para xestionar a súa presenza mediática, a repercusión pública ou as axudas institucionais é outro tema, máis xa se buscará a maneira.

– Cres que é un atranco cantar en galego?

Pois mira, non che sei pero, realmente, impórtame unha merda. Creo que por un lado eu nunca poderei aspirar a saír de determinadas fronteiras, cousa que non me preocupa porque non está a ambición entre as miñas características. Mais tamén sei que en Galiza axúdame máis do que me atranca, eu viñen encher un oco que a xente botaba en falta. Fago xéneros en galego que non eran moi abundantes aquí e, ademais, son unha muller, cousa máis rara aínda.
Direiche que é un arma de dobre fío, pero que non matino niso o máis mínimo. Eu penso, sinto e canto no idioma que amo, que é o meu.

– Cales son os teus cantantes favoritos?

Ai mamá…se vos collo en persoa esgánovos…hehe…non, é unha broma. É que iso é moi difícil. Eu consumo música sen parar, de todo tipo, e adoro a tantas e tantos…Direivos algunhas que ocupan o Olimpo: Janis Joplin, Joaquín Sabina, Creedence Clearwater Revival, Ruth Brown, Lavern Baker, Ann Cole, Bob Dylan, Victor Jara, Mercedes Sosa, Bonnie &Delaney, Clapton, Odetta, Bessie Smith, Marful e Leo e Arremecághona.

– Con quen aprendiches a cantar?

Con todas esas que che mencionei, coa miña mestra de pandeireta (Paula Cordero) e con todas as vellas que escoitaba durante horas nas recollidas botando muiñeiras, maneos e pasodobres. Sobre todo, con estas últimas, coas marabillosas mulleres que conservaron a nosa tradición e o noso xeito, son as máis mellores!!

Moitas grazas polo teu tempo

Moitas a vós polo voso interese e moitos bicos.

]]>
Pros e contras a hora de falar galego ;) http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/01/25/pros-e-contras-a-hora-de-falar-galego/ Wed, 25 Jan 2012 09:29:25 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=20 PROS:
-Porque é a língua do lugar onde naciches.
-Porque en galego sona todo mellor.
-Porque cunha palabra dis case todo.
-Porque podes presumir de galegolafante.
-Porque che axuda a comprende mellor outras linguas.
-Porque reinvindica a túa cultura.
-Porque sorprenderaste con moitas palabras.
-Porque nós alegrarémonos de que o fagas.
-Porque moita mais xente tamén se alegrará.
-Porque unha lingua mais sempre ven ben.
-Porque o galego mola moito.
-Porque podes pensar nesta lingua tan guay.
CONTRAS:
-Poñeriámolas se has houbese.

]]>
Desde raparigas.. http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/01/11/desde-raparigas/ Wed, 11 Jan 2012 09:37:48 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=4 ..sempre falamos galego, non só é unha ligua dun lugar, é moito máis, é unha forma de expresión que nos caracteriza, parte de nós, que nos indentifica.

Pensa no que é para ti a túa lingua, para nos iso é o galego e tal vez incluso máis porque o ser bilingües e ter preferencia por esta língua faina inda máis especial, non cres? (;

Nós damonos de conta de que cando falamos outra lingua que non é o galego non a sentimos tanto, como cando mirabas sin-chan en galego e te partias e despois en castelán e non tiña a mesma gracia..

E pasa o mesm0 coas nosas bromas do día a dia, en galego a min soname todo ben e a María tamén (:

Acaso faría gracia “la cabra tira al monte” ou “hace un frío de carajo” a que non? ^^

 

]]>
Ola mundo! http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/01/11/ola-mundo/ http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/01/11/ola-mundo/#comments Wed, 11 Jan 2012 09:00:23 +0000 http://osabordachoiva.blogaliza.org/?p=1 Parabéns! Esta é a túa primeira anotación en blogaliza.org, o teu blog en blogaliza.org. Pódela editar ou borrar, e a continuación participares no Blogomillo.

]]>
http://osabordachoiva.blogaliza.org/2012/01/11/ola-mundo/feed/ 2