Archive for Marzo, 2012

Entrevista a Fernando M. Cimadevila.


18 Mar

Como pon no título esta é a entrevista que lle fixemos a este escritor galego, do cal coñecemos o seu libro “O mundo secreto de Basilius Hofman” o cal vos recomendamos leer, porque ten un argumento moi bo e é destes libros que comezas a ler e non das parado porque están sempre interesantes, jaja aquí vola deixamos.. ten información inédita escrita por el. Esperamos que vos guste 🙂

-Como decidiches escribir un libro así de supeto, ademáis contando que che saleu moi ben?
Moitas grazas polo de “che saleu moi ben”, alédome que así volo parecese. Supoño que todo escritor trata de que o seu libro guste, e neste caso parece que tiven sorte. Decidín escribir o libro pois era una espiña que levaba moito tempo cravada, dende rapaz lin moita fantasía, de feito fai uns anos montei unha librería de banda deseñada e literatura fantástica, así que durante ese tempo puiden ler moito máis, e todo iso encheume tanto que xa me saía polas orellas… jeje… así que o final saíu fora e manifestouse no mundo real como Basilius. Supoño que o libro é un cúmulo de todo o que me gustou desas historias que lin, e que decidín escribir o que a min me houbera gustado ler de rapaz.
-Os gatos e Exipto son unhas das cousas que máis me gustan! que che levou a elixir esta temática?
Pois que son un gran fan dos gatos!! Jajaja… cando comecei o libro decidín meter nel o meu gato Jim-Jim (que é superlisto, tiraslle algo como un can e cho trae. E cando se aburre busca algo para que llo tires), agora mesmo teño outros dous. Un gato chamado Micifuz, grande e moi gordo, e unha gatiña pequena e negra que se chama Lua. O de Exipto ven por relación os gatos e porque me pareceu un dos mellores escenarios para as aventuras dun arqueólogo.
-Reflexaches algun aspecto da tua vida real no libro?
Pois algún si, o gato Jim-Jim como vos comentaba, a miña moza Rita inspirou o personaxe de Rivka, e que cando era pequeno pasaba o día na casa dos meus avós, que era unha casa moi grande e cun faiado cheo de cousas vellas e misteriosas.
-Canto tempo che levou escribir un libro que engancha tanto ao lector?
Pois mirade, escribilo uns oito meses. Incluido reescribir, que realmente é o que se adica o 80% do tempo: ler, reler, voltar a ler, escribir e pulir as partes aburridas, ou eliminalas, ata conseguir que cada páxina sexa interesante por si mesma. Logo tardamos uns tres meses nas ilustracións e o deseño da portada. Fixemos moito material para toda a serie. Tamén adiquei moito tempo a pensar a historia, pois tiña que encaixar todo moi ben para poder facer a serie completa.
-Xa estamos enteradas de que vai haber unha segunda parte, que ten como protagonista a Juliet, cando sairá?
Iso é bastante complexo. Imos ver, a serie de Basilius serán 5 tomos, o segundo é certo que Juliet terá maior protagonismo pero non tanto como pensades. Logo temos pensado facer polo menos dous libros máis, un de relatos da xuventude de Basilius e outro de relatos de personaxes do mundo. E logo, temos un proxecto moi complicado de facer, uns albumes de Banda deseña contando a historia de Juliet e o Argestes, xa vos anticipo que é tanto ou máis asombrosa se cabe que a do propio Basilius. De feito o personaxe de Juliet e a súa historia naceron antes que a do Mundo Secreto.

As sorpresas que nos trae o galego :)


07 Mar

Cando decimos que o galego é unha língua máis e nos pode ser moi útil, algunha xente (a que non o fala claro está) pensa: prr.. iso non sirve de nada, pero iso non é verdade. O outro día Chamoume a atención a anécdota dun galego que contaba que coñecera un un home nativo da India pero que na escola estudara portugués e empezaran a falar e se entendían moi ben e a xente do seu arredor estaba moi soprendida! Imaxínate ir a India falando galego, é posibel e todo ^^
Pois esta entrada quedou un pouco cortiña, pero solo queríamos contar isto que nos pareceu moi interesante!:)

O sabor da choiva..

Simplemente outro sitio blogaliza.org máis